Camiñar a historia

Recuperar a memoria a través da literatura, da historia e da paisaxe. O camiño da Liberdade é unha serie de Roteiros Literarios arredor da obra “Memoria do Silencio“, escrito por Eva Mejuto e editado por Xerais. Neles, percorremos Ribadavia, O Ribeiro e a fronteira do sur da provincia de Ourense con Portugal, tratando de achegármonos ao labor que as Irmás Touza: Lola Xulia e Amparo realizaron nos anos 40 do pasado século para axudar aos fuxidos do nazismo a atravesar a fronteira co país veciño na procura da liberdade. Calcúlase que foron máis de 500 as persoas que puideron salvar a vida grazas a unha rede de apoio liderado polas tres mulleres.