Camiñar a Historia

O camiño da Liberdade é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 e consiste nunha serie de Roteiros Literarios arredor da obra “Memoria do Silencio“, escrito por Eva Mejuto e editado por Xerais.

Nos percursos, achegarémonos á vila de Ribadavia, ao Ribeiro e tamén á fronteira do sur da provincia de Ourense con Portugal, tratando de coñecer polo miúdo o labor que as Irmás Touza: Lola Xulia e Amparo realizaron nos anos 40 do pasado século para axudar aos fuxidos do nazismo a atravesar a fronteira co país veciño na procura da liberdade. Calcúlase que foron máis de 500 as persoas que puideron salvar a vida grazas a unha rede de apoio liderado, na parte final do camiño, polas tres mulleres.

Recuperar a memoria a través da literatura, da historia e da paisaxe, este web ten a finalidade de, seguindo o fío narrativo de Memoria do Silencio, afondar na Ribadavia dese tempo, dar a coñecer as accións solidarias da rede de poio da que as irmás Touza formaban parte e, ao tempo, coñecer máis polo miúdo a riqueza histórica, gastronómica, cultural e artística de Ribadavia e O Ribeiro. Para quen non puido participar nos roteiros, velaquí as pistas que fomos seguindo neste Camiño da Liberdade.

Boa viaxe!

Ás mulleres non nos queda outra que facer de parvas e pór boa cara, polo menos de portas para fóra. Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisible, coma o ar. O que non saben, ou non pensar, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve. Así facemos nosoutras.