Igrexa de Santiago

Na rúa de Santiago, ademais do obradoiro de repostería das Nisas, especializado en amendoados, melindres e doces hebreos, atópase a igrexa de Santiago, un fermoso exemplo do románico galego do século XII en transición ao gótico, con torre barroca, que foi a parroquia máis antiga de Ribadavia. Destaca todo o edificio pola riqueza decorativa e artística que posúe, así como os arcos e a fachada de nobres proporcións cun fermoso rosetón de 24 ocos.

No seu interior pódense ver numerosas imaxes barrocas de gran valor artístico, sendo de especial importancia un Santiago sedente de pedra do século XIV da escola do mestre Mateo.

A Igrexa de Santiago a finais do século XII, para acoller a parroquia máis antiga de Ribadavia. Os seus puntos máis interesantes son a fachada, cun rosetón de vintecatro ocos, os arcos e a torre barroca.

As dúas portas dos costados, as cales se corresponden entre si e axemenizadas de maneira que só poida pasar por elas unha persoa. A da dereita ou do sur mostra á esquerda unha inscripción que di:
Joha Mja fe-
Zo lavrar
Esta pedra.

Todo o edificio está profusamente decorado. No seu interior pódense ver numerosas imaxes barrocas de destacable valor artístico. Merece especial atención a dedicada a Santiago. Data do século XIV e mostra o estilo da escola do mestre Mateo.

En 1222 xa consta documentalmente a existencia da igrexa de Santiago e, con anterioridade a 1230, posuíu a devandita parroquia moi extensas propiedades de casas e bens situados no centro da vila. Con posterioridade, os prelados dispensáronlle privilexios especiais, e acadou o status de igrexa principal da poboación.