O roteiro

A miña proposta de roteiro parte de dúas experiencias previas, as visitas realizadas cos clubs de lectura de 4º da ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, organizado pola docente Anxos Rial, e o roteiro realizado con docentes organizado polo CAFI, coordinado por Carlos Rodríguez Pérez dentro do seu ciclo de roteiros literarios no que tamén interviron, canda min, Ramón Estévez, historiador local de Rivadavia, Xosé Manuel Garrido, tradutor ao galego da obra de Primo Levi “Se isto é un home” e Inés Touza, neta de Lola Touza). Boa parte da información deste web está tomado do traballo de elaboración dese roteiro.

Destas dúas experiencias xurdiu a idea de realizar, dun modo regular, visitas por Ribadavia co lectorado de Memoria do Silencio, no canto (ou complementariamente) de facer visitas aos centros de ensino e ás bibliotecas galegas. Para min, a experiencia lectora mellora infinitamente cando pode saír das páxinas dos libros e enriquecerse coa experiencia compartida de actividades complementarias. Empecei por levar melindres e licor café ás presentacións da obra (non nos institutos claro :-D), así como as noticias, fotografías, publicacións, lecturas… que eu consultei para escribir o libro. Só quedaba camiñar coas lectoras da obra os espazos que tantas veces percorrín antes e durante do proceso de escrita, e compartir todo o que fun aprendendo no camiño, así como gozar da vista, do padal, dos sons…

Como a crise da COVID 19 truncou todos os roteiros que tiña axendados para o 2020, a creación deste Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 pareceume a oportunidade ideal para recuperar tanto os roteiros presenciais como o desenvemento deste espazo web que poida ser vir de apoio e/ou guía para quen lle preste percorrer a magnífica vila de Ribadavia seguindo as pegadas das irmás Touza.

No menú despregable da sección Paradas na rutatedes os distintos puntos de interese que visitamos nos roteiros d´O camiño da Liberdade, na orde na que os desenvolvemos nós, coa idea de que o roteiro ocupe un día enteiro, destinando a mañá para visitar o centro de Ribadavia e a tarde para as antigas minas de Wolfram de Santa Marta, A Frieira, A Filgueira, Ponte Barxas e a fronteira do lado de Portugal.

Tamén, máis relaxadamente, pode dar perfectamente para pasar unha fin de semana completa, na que o primeiro día quede para Ribadavia e roteiro por Santa Marta e o segundo para percorrer Prexigueiro, Arnoia, Frieira, Filgueira, Pontebarxas e Cristobal (Portugal). Quede claro que esta é só unha achega, que tenta servir de apoio máis aberta a todas cantas viariantes vos presten e tamén aberta ás suxestións que queirades aportar!

Velaquí as indicacións do roteiro, con todas as paradas previstas, tanto na ruta a pé pola vila como as rutas en coche a lugares complementarios:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *